23 marzo 2017

RELATOS


Campanera. Diana Navarro                         


O primeiro día da miña estadía en Los Ángeles collín un emprego fregando louza na cafetería Clifton. Ao cabo de poucos días fun ascendido a axudante de camareiro e despedíronme por "relacionarme co público", nese caso unha rapaza que levaba unha obra de Edma St. Vincent Millay e que me convidara a sentar á súa mesa para tomar café e falar de poesía.

Ao día seguinte encontrei outro emprego fregando pratos nunha taberna situada na esquina da Quinta Avenida con Main Street. Por catro dólares á semana, déronme un cuarto no segundo andar, que compartía con outro fregador. Chamábase Hernández, e estaba tolo. Foi o primeiro escritor que coñecín en persoa, un mexicano alto e riseiro, sentado sobre a cama cunha máquina de escribir nos xeonllos, que ceibaba unha gargallada cada vez que completaba unha liña. O seu proxecto era un libro titulado Praceres e ganancias de lavar louza. Eu estaba tan desequilibrado coma Hernández. Adoitaba quedar durmido escoitándoo ler o manuscrito "O misterio de auga quente", outro "Mans limpas fan mentes limpas". 


John Fante  na Irmandade da uva. Ed. Hugin e Munin 

No hay comentarios: