26 enero 2017

Choverá, choverá!





Como chove miudiño de Rosalía de Castro. Amancio Prada.

   Había unha semana que o clima era de invernía. Riadas de charrizo arrastraban sen interrupción polas chairas grises do ceo nubeiros semellantes a rochas arrincadas do solo.
   Por momentos chovía a xerros, e a auga sepultaba o val baixo as balloadas.

   Aquel día o firmamento cambiara de aspecto. Os torrentes da cor da tinta volatilizáranse e extinguíranse, as asperezas das nubes fundíranse e o firmamento presentaba unha aparencia uniforme e lisa, como se estivese cuberto cunha funda salobre. Esta funda foi desaparecendo engorde, e unha cortina de auga envolveu os campos. A chuvia xa non caía en ballons, coma a véspera, senón que o facía seguido, fina, penetrante, aguda, borrando as corredoiras, derramando os camiños, xuntando cos seus innúmeros fíos o ceo coa terra. A luz enturbouse e unha luminosidade azourida brillou sobre a vila, convertida agora nun lago de lama punteado polas agullas da auga que espiñaban coas súas gotas de viva prata o líquido lordento das porracas. No medio desta desolación da natureza, todas as cores esmoreceron, ocasionando que os teitos resplendecesen en contraste cos apagados tons das paredes.
   Que tempo!

J-K Huysmans en "A contrafio". Editorial Hugin e Munin

No hay comentarios: