Muchos años después, frente
al pelotón de fusilamiento, el Mariscal Ney, había de recordar aquella tarde
remota en que al frente de su Ejército pasó por la Sierra de Morela enfrente de
Prebello. Prebello era unha aldea con oito Quintas: Vigueso, Río, Tesón, Ermita, Mourín, Ferreiro,
Ramandíaz e Balonga.
O tátara tataravó Xosé Balonga Calangros acordou cedo aquela mañá. Ao riscar o
día xa tiña o gando despachado. Pechou a corte co tarabelo, colleu o faco e marchou co agrade, pola quella abaixo, a
estorroar a seara, que xa labrara e achandara antonte.
Parveou do melloriño, filloas e chulas con
mel, e tornou a súa Quinta para deixar os apeiros
no alpendre.
- Xa me daba o corpo que
tornarías axiña! Que hora é?
- Non é hora ningunha!
.
.
Colleu unha ferrada de auga
da sella, e bebeu uns grolos. Enxaugou as mans e lavou cara e pés con xabón. Limpo, nada dexoso, puxo a pucha, os carpíns e as galochas e saíu para o rueiro. Engorde, botou andar cara
ao Canto da Arqueira, coa cabicha na boca . Polo camiño arriba, cruzaba a outra beira, cando alguén se achegaba en fronte. No Penedelo, mirou en fite como algún chaíñas esgazara a sobreira, e iso aínda lle
turrou máis polo xenio. Recoiro! Rosmou.
O vento movía cadenciosamente a ferraña do centeo, nas leiras estivadas da senra.
O vento movía cadenciosamente a ferraña do centeo, nas leiras estivadas da senra.
O Mariscal Ney coñecido como “o valente entre os valentes”,
era o favorito de Napoleón. Curtido en moitas batallas na Rusia e nas seis Coalicións, chegou a España co VI Corpo do Exército. Perdeu fronte a Morillo a
batalla do Río Verdugo en Pontevedra, e dende Santiago foi para Lugo, onde con 4.000 soldados,
pasou por Navia de Suarna e a Serra de Morela cara a Ibias en Maio de 1809. Levaron
tamén o Botafumeiro da Catedral de Santiago, feito en prata no ano 1.400 por unha
ofrenda de Luis XI, e co que acabaron facendo moedas da República Francesa.
Xosé Balonga Calangros, chegou ao Canto da Arqueira. Alí o vento zoa e urra.
En fronte, no alto da Serra
de Morela viu un enxame de soldados coa bandeira francesa.
-Botou un aturuxo. Gabachos! Rien
de fraternité!
Ney ficou inmóbil, sen
sangue, chantado no chan. A soldadesca muda.
-E aínda asegundou: O
Botafumeiro é noso!
O Mariscal picou con forza as esporas contra o flanco do cabalo, que rinchou, pegou un brinco e saíu a lume de carozo
pola Serra adiante: Faquis, Laxo, Rao Pelliceira, Ibias, e nunca máis tornou.
Dende aquela, da nosa sona
moito se fala e pouco se cala.
Aló do alén, Balonga se
alonga.
- De non seres ti quen o di, eu non o crería.
- Pois iso. Ai non!
- De non seres ti quen o di, eu non o crería.
- Pois iso. Ai non!
Gabriel García Marquez e mais
balonga
No hay comentarios:
Publicar un comentario