21 marzo 2015

Lista de MODISMOS




        PREIKESTOLEN (Stavanger/NORVEGA).


https://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0cCARLOS NÚÑEZ & THE CHIEFTAINS. Alborada de Veiga/Muiñeira de Chantada.

Lista de MODISMOS

a cal y canto loc. adv. Expresión coa que se indica a acción de pechar, encerrar ou encerrarse nun local; realízase coa intención de que ninguén poida entrar (ou saír, se hai alguén dentro): baixo sete chaves, totalmente, solidamente, fortemente. Atutxa dixo que neste momento está solidamente pechada a negociación.
a capa y espada loc. adv. fig. Patrocinar, defender algo sexa como sexa: con uñas e dentes, contra vento e marea. Os deputados defenderon con uñas e dentes o seu escano.
a cargo de loc. prep. Indícase que algo está confiado ó coidado dunha persoa: a cargo de, ó coidado de, á conta de, a expensas de, por conta de. EEUU pretende que dos 35.000 millóns de dólares, só 2000 millóns corran a cargo de Wáshington.
a causa de loc. prep. Polo motivo que se indica: a causa de, por causa de, por cousa de, por mor de. A operación que permitiu desarticular este comando legal iniciouse por mor da caída dos últimos comandos Biscaia, a finais do pasado mes de setembro. / Por calquera perda que se produza no gando a causa dos lobos.
a cielo abierto loc. adv. Sen teito nin cobertura ningunha: a ceo descuberto, á intemperie, ó descuberto, a ceo aberto. ....deixaron a ceo aberto as súas costelas....
a costa de, loc. prep. Co traballo, fatiga ou dispendio causado por algunha cousa. A expensas de, por conta de: a conta de, por conta de, a poder de, a forza de. Logrou acadar un lugar no mundo rosa a poder de saír e sarír nos medios de comunicación. / Os gastos de aloxamento serán por conta da empresa .
a dentelladas loc. adv. Cos dentes. Úsase cos verbos morder, ferir, romper, etc.: cos dentes, ás dentadas, a dentadas. Ás dentadas ou como fose, nesa situación só contaba defenderse.
a destajo loc. adv. Por un tanto. Aplícase cando se dá unha obra axustada en certa cantidade. Con empeño, sen descanso e de présa para concluír pronto: por trato, a obra feita, a traballo feito, sen parar, sen descanso, arreo. Unha rede albanesa obrigábaos a traballar sen descanso en condicións infrahumanas por 200 pesetas á hora.
a favor de loc. prep. En beneficio e utilidade de alguén, coa axuda de: a favor de, a prol de, en beneficio de. Celso Currás efectuou esta afirmación cando lle preguntaron os xornalistas sobre o posicionamento do Valedor do Pobo a favor dun novo plan plurianual... / As medidas anunciadas a prol dunha explotación sostible do ourizo... / A transmisión das concesións foi a favor da empresa El Baturro, S.L....
a fe que loc. adv. De verdade: con seguridade, de seguro, abofé. Claro que deles depende o poñer máis nerviosos aínda o Barcelona e o Real Madrid, e de seguro que o conseguirían con éxito en Cantabria.
a fin de cuentas loc. adv. En resumo, para concluír: a final de contas, a fin de contas. O pouco interese que os partidos da oposición amosaron por estas eleccións non é, a final de contas, máis có fiel reflexo do que pensa o home da rúa....
a fin de loc. conx. Valor final, con obxecto de, para: a fin de, co fin de. O pouco interese que os partidos da oposición amosaron por estas eleccións non é co fin de se achegar máis ó que pensa o pobo.
Salir a flote loc. adv. Flotando, e de maneira figurada a salvo, fóra de perigo, dificultade ou apuro. A expresión “salir a flote” tradúcese por: saír do paso, saír dela, saír á superficie. Estivemos en peores situacións e saímos delas.
a la altura de loc. prep. Nas proximidades, ó mesmo nivel: á altura de, ó nivel de. O Executivo europeo tamén propón crear outra zona de veda á altura de Bretaña, en Francia, anque....
a la cabeza loc. adv. Diante, en primeiro lugar: á cabeza. Sogama, co plan de residuos á cabeza, será un dos motivos recorrentes para a anatema....
a la chita callando loc. adv. Caladamente, con disimulo: sen facer ruído, caladiño (coma un peto), ás caladas. Empolícanse a postos de poder sen facer ruído / caladiños coma petos.
a la deriva loc. adv. No mar, referido a embarcacións ou obxectos flotantes, a mercé da corrente ou do vento. En sentido figurado: sen dirección ou propósito fixo, a mercé das circunstancias: á deriva, sen rumbo, ó garete. Remolcado un pesqueiro á deriva no medio do temporal. / Un pesqueiro foi remolcado onte pola mañá tras quedar á deriva con catro tripulantes. / A situación á deriva dese partido traerá moitos problemas.
a la disposición de loc prep. Estar ou atoparse, unha persoa ou cousa, apta e pronta para algún fin. Expresión de cortesía con que unha persoa se ofrece a outra: á disposición de, ó dispor de. A organización de Vivenda 2000 destaca que o número de expositores que acudirán a este primeiro certame é dun centenar, que porán a disposición dos visitantes a....
a la larga loc. adv. Pasado moito tempo. Lentamente, pouco a pouco. Difusión, con extensión: co tempo, a longo prazo. Co tempo terán que achega‑las súas posturas hoxe enfrontadas.
a la par loc. adv. Xuntamente, a un tempo. Con semellanza ou igualdade: á par, a dúo, á vez, tan... como. Cantan á par para coordinaren mellor as voces. / ... e que a súa interpretación da entrevista de Touriño con Fraga é, á par que interesada, demagóxica, e oculta as causas que provocan esas críticas.
a la postre, a postre loc. adv. Á fin, ó último: ó cabo, á fin, ó final, posteriormente. Tras dúas horas de intensas reunións acordaron, ó final, resolve‑las diferencias....
a las claras, a la clara loc. adv. Evidente, manifesta e publicamente: ás claras, abertamente. ...pero que nunca escoitaramos tan ás claras: os cartos para facer máis eficaz a Sanidade pública sairán do peto dos contribuíntes.
a las tantas loc. adv. Tarde especialmente, á noite: ás tantas. Hoxe a xuventude chega ás tantas porque....
a lo largo de loc. prep. Durante: ó longo de, durante, en (todo). Ó longo desta visita tamén se presentaron algunhas gravacións en vídeo realizadas pola Garda Civil... / O bosque como metáfora do quefacer literario impregnou as palabras da escritora ó longo do seu discurso.
a los pies de uno loc. adv. Úsase cos verbos estar, quedar ou poñer expresos ou sobreentendidos: ó seu pé, ó seu carón, á súa beira. Procuro sentar ó seu pé e recito para o meu ámago aquel verso....
a manos de loc. prep. Indica o axente: por causa de. Clavet e Portas quedaron apeados en segunda rolda, o primeiro por causa do estadounidense Todd Martin por 3‑6, 6‑1 e 7‑6.
a medida que loc. conx. Ó mesmo tempo que, ó paso que, ó tempo que: a medida que, segundo, conforme. A medida que pasaban os minutos era máis evidente o dominio local.
a menudo loc. adv. Moitas veces, frecuentemente e con continuación: a miúdo, a diario, diariamente, decote, sempre, a cotío. Segundo as palabras dunha veciña discutían a miúdo....
a merced de loc. prep. Sen salario coñecido, a vontade dun señor ou amo. Úsase cos verbos estar, ir, servir, vir...: a mercé de. ...tamén os houbo que quedaron a mercé do único que sabían facer....
a muerte loc. adv. Ata consegui‑la morte ou a destrucción dunha das partes. Implacablemente, con ferocidade. Úsase con verbos como odiar, aborrecer..: a morte, a matar, con forza, con afán. Por causa dese partido ódianse a matar. / O enfrontamento foi a morte aínda que un dos animais se salvou.
a nivel de loc. prep. Nun plano horizontal a algo: a nivel de, ó nivel de (cando se refire á altura), no ámbito de, a escala de, adverbios en ‑mente. Unha vez situados ó nivel do mar as temperaturas subiron. / A campaña municipal quedou ó nivel da campaña autonómica./ No ámbito das distintas campañas autonómicas situáronse varias propostas de normalización.
a pesar de loc. conx. concesiva. Contra a vontade ou gusto das persoas e por extensión contra a forza ou resistencia das cousas. Pide a preposición “de” cando a voz que inmediatamente lle segue non é un pronome posesivo; como sexa, a pesar de tódolos obstáculos ou danos resultantes: a pesar de, malia, non obstante. Nunca logrou grandes éxitos comerciais, agás no “Crime de Cuenca”, publicitado polos seus problemas coa censura, e a pesar de rodar unha obra mestra da transición democrática, “Gary Cooper que estás nos ceos” ...
a raíz de loc. adv. fig. Con proximidade, inmediatamente despois, por causa de: por mor de. A Comisión Europea proporá, mañá mércores, unha suavización de embargo imposto ás exportacións de vacún británico por mor da crise das “vacas tolas” / ...declarou onte que as insinuacións de cambia‑la lei electoral por mor do ascenso do nacionalismo en Galicia....
a raya loc. adv. Dentro dos xustos límites. Úsase case sempre cos verbos ter, poñer e manter: a raia, a distancia, á parte, baixo control. Unicaja... que, sen embargo, mantivo a distancia o actual campión da liga.
a regañadientes loc. adv. Con disgusto ou repugnancia para facer unha cousa: de mala gana, a contragusto, sen querer. E se asiste, outra de area: terá que asumir anque sexa de mala gana, o que a cidade de Compostela lle outorgou.
a renglón seguido loc. adv. fam. e fig. A continuación, inmediatamente: de seguido, a continuación. De seguido informaron para desmenti‑lo suceso.
a simple vista, loc. adv. Lixeiramente e de paso no recoñecemento dunha cousa. Para significa‑la facilidade de aprender ou de recoñece‑las cousas: á primeira vista, a simple vista, á primeira ollada, de primeiras. Parecía, á primeira vista, un partido con vantaxe local definida desde o comezo pero....
a toda costa loc. adv. Sen limitación no gasto ou no traballo: como sexa, custe o que custe, sexa como sexa, sexa como for. Sexa como sexa queren vencer neste campionato.
a todas luces loc. adv. fig. Por tódalas partes, de tódolos modos, de tódolos xeitos: ás claras, nidiamente, evidentemente, claramente, sen dúbida. Un xesto desas características denota claramente a falta de tacto do adestrador.
a todo trance loc. adv. Resoltamente, sen reparar en riscos: por forza, sexa como sexa. Pretenden sexa como sexa gaña‑lo partido, sen lles importaren as comparacións....
a través de loc. adv. Denota que algo pasa dun lado a outro. Por entre, fig. por intermedio de: a través de, por medio de. O po que circula a través do conducto do aire acondicionado provoca múltiples alerxias... / Para acada‑las devanditas bolsas, os alumnos terán que demostrar, a través dun certificado... / Así, sinalaron que a través dunha auditoría interna....
a vueltas con algo loc. adv. Usalo con insistencia sempre: ás voltas con algo. Berta Álvarez Cáccamo anda ás voltas co tempo e non só porque prepare un catálogo cos seus últimos oito anos de relación coa pintura ou porque....
aguas menores loc. subst. Os ouriños: augas menores. ... pediuse con urxencia de augas menores a reforma da lei electoral, que supón a conseguinte corrección constitucional .
al acecho (estar) loc. adv. Observando e mirando ás agochadas e con coidado: ó axexo, á espreita, ó vixío. Pasa a vida ó vixío e de aquí para alí....
al calor de loc. prep. fig. Ó amparo e coa axuda de: ó abeiro, ó amparo. As vendas aumentaron ó abeiro dos bos prezos.
al fin y al cabo, al fin y a la postre, al fin loc. adv. Por último, despois de vencidos os obstáculos, argumento que reforza unha afirmación anterior: á fin e ó cabo, ó fin e ó cabo. Porque á fin e ó cabo non conseguirían nada se non fose polo pacto.
al frente de loc. prep. Ó mando de algo ou de alguén: á fronte de. Currás asegurou que aínda descoñece se seguirá á fronte da Consellería de Educación. / Sen embargo, a Delegación do Goberno en Asturias, á fronte da cal está....
al lado de loc. adv. Moi preto, inmediato: ó lado de, a carón de, á beira de, ó pé de, cabo (de). Pinturas e debuxos sobre manteis bordados nos que o barroco e as vanitas desfilan a carón dun romanticismo vehemente e obsesivo.
al margen de loc. adv. Indica que unha persoa ou cousa non ten intervención no asunto de que se trata. Únese cos verbos estar, quedar e outros de significado análogo: á marxe de, na marxe de, fóra de. Este ano decidiu situarse na marxe das novas....
al por menor loc. adx. Úsase cando as cousas non se venden por xunto: polo miúdo, ó detalle, ó detallo. A maioría dos expositores, en total 72, proceden do comercio especializado polo miúdo, anque tamén están presentes distribuidores, fabricantes e artesáns.
al respecto loc. adv. A proporción, a correspondencia, respectivamente: respecto de, no tocante, en canto a, respecto diso, verbo diso, consonte a iso, conforme. Días atrás o deputado do Bloque no Congreso, Francisco Rodríguez, realizou unha pregunta parlamentaria respecto diso, na que interpreta... / Respecto diso, de Palacio dixo que non permitirá que se vulneren os principios de liberdade de capital e da empresa na UE.
al rojo vivo ( estar, poñerse ) loc. adv. fig. Moi exaltadas as paixóns: ardendo, candente, ó tope, tensa, moi inestable. Michael Jordan continuou incandescente ó anotar 34 puntos./ Os Jazz de Utah continuaron ó tope como locais ó saca‑la décimo terceira victoria dos últimos catorce partidos.
al socaire, fr. fig. fam. Ó amparo de, baixo a protección de: ó abeiro, ó amparo, ó abrigo. E ó abeiro de todo iso, prodúcese a dilapidación de denarios públicos e o enriquecemento duns e doutros da maneira máis impune.
alrededor de loc. adv. Cando precede a unha expresión númerica ten o valor de aproximadamente, pouco máis ou menos, como frase preposicional adquire o valor de rodear en círculo: arredor de, ó redor de, sobre duns/dunhas, case, pouco máis ou menos, na volta de. ... valor que en primeira venda supón arredor de 70 millóns de pesetas. / A 34.000 pesetas diarias no Arquitecto Marcide de Ferrol e arredor das 100.000 ptas. no Hospital Xeral de Galicia... / Semellaba que intentaba conseguir algo, por iso non facía máis que estar ó seu redor.
andar de capa caída fr. fig. fam. Padecer gran decadencia en bens, fortuna ou saúde: (algo ou alguén) anda mal, ir mal, ir a peor, andar decaído, andar baixo de moral. Os seus escasos paseos polo Palacio da Moncloa indican que algo anda mal.
andar uno a vueltas con, para o sobre unha cousa fr. Estar dubidoso, abraiado ou poñendo tódolos medios para coñecela ou executala: andar ás voltas con algo, andar dándolle voltas a algo. Un volve andar a voltas coa historia máis recente cando....
andarse con rodeos loc. adv. Maneira indirecta ou medio non habitual empregado para facer algunha cousa co fin de eludi‑las dificultades que presenta: andar con voltas. Cando é negativa equivale a: non andar con contemplacións, actuar sen contemplacións, non ter papas na boca, dici‑las cousas directamente. O subdirector de O Correo Galego, Caetano Díaz, non se andou con voltas e as enquisas demostrábano:...
armarse de valor, fr. Coller forzas para acometer algo: coller folgos, coller azos, coller ánimo. Veña, colle folgos e despois remata a lección; por colleres azos non quere dicir que sexas quen de facelo; despois de coller ánimos coa túa charla, vou empeza‑la tarefa.
arrimar el ascua a su misma sardina fr. fig. Aproveitar para o que lle interesa ou importa a ocasión ou conxuntura que se ofrece: loitar por unha mesma cousa, mirar polo mesmo, varrer para a casa, leva‑la auga cara ó seu muíño, varrer para a casa. Son 26 homes que loitan por unha mesma cousa.
arrimarse al sol que más calienta fr. fig., servir e adula‑lo máis poderoso: arrimarse ó sol que máis quenta, arrimarse ós grandes.. Pero o socialismo galego está pragado de voces paralelas e sempre en estado de alerta para face‑la mudanza cara ó sol que máis quenta, con tal de non perde‑los seus privilexios.
bajar la cabeza fr. fig. Obedecer e executar sen réplica o que se manda: baixa‑la cabeza, agacha‑la cabeza, abaixa‑la cabeza. Se segue xogando dese xeito non lle quedará máis remedio que baixa‑la cabeza e por suposto non volver facer comentarios fóra de lugar.
bajo prep. Debajo de. Con frecuencia úsase incorrectamente para ocupar valores doutras preposicións e que non lle corresponden, cómpre neses casos substituíla pola preposición que lle corresponda: baixo, so, con, por, desde, sobre. Hai unha competencia feroz polo mal gusto, co pretexto dos “picos” de audiencia.
barrer hacia o para dentro fr. Comportarse interesadamente. Face‑lo posible para que os criterios de alguén saian adiante ou para que os demais acepten as súas opinións: varrer para a casa. Moito varre para a casa, a pesar de que ten xa case tódalas opinións ó seu favor.
buscar(se) la vida fr. Emprega‑los medios conducentes para adquiri‑lo mantemento e o demais necesario: apañarse, gobernarse. Así que cada barón galego se gobernou por onde puido, aliándose cos homes fortes...
cabeza de chorlito loc. subst. fig. fam. Ignorar ou mostrarse inconsciente ante unha situación determinada. cabeza tola, cabeza de vento, cabeza torda. Interpreta a un mozo, cabeza de vento que pasa a vida nas carreiras de coches.
caer por su propio peso fr. fig. Ser obvio: Caer de seu, caer só, correr polo seu peso. A teoría non tardará en caer de seu.
caer(se) muerto de risa fr. Empréguese para pondera‑la suma ledicia: esmendrellarse, morrer coa risa, partirse de risa. Morría coa risa, esa era a expresión da súa cara.
cara a loc. prep. Mirando en dirección. Ante, con vistas a: cara a, de cara a. Segundo os palestinos, as esixencias israelís sobre seguridade obstaculizaron o avance cara a resultados concretos por parte das comisións encargadas da aplicación de acordos de autonomía....
cargar las tintas fr. Insistir: destacar, subliñar, centrar, facer fincapé, insistir. Alfaya non ten medo de aborda‑la morte, nin a sida, ... contállelo ós nenos, ós maiores de once anos, sempre facendo fincapé na esperanza e fuxindo do dramatismo.
chivo expiatorio fr. fig. O que apanda coas culpas: víctima expiatoria, cabeza de turco. Referiuse tamén á polémica creada ó redor da Ertzaintza e dixo que “é intencionada e inxusta”, polo que avogou por “non perde‑la calma e buscar víctimas expiatorias”.
cien por cien loc. adv. Na súa totalidade, do principio á fin: cento por cento, cen por cento. ... non existe un modelo universalmente válido que permita garantirlle a un enfermo mental unha liberdade de autonomía cen por cento segura.
codo con codo, codo a codo, loc. adv. Referido a persoas, unhas xunto a outras en compañía ou cooperación. Utilízase referido a cousas figuradamente: á beira de, ó pé de, relacionarse con, alternar con, xuntos, en equipo. Tamén traballará á beira do que desde o ano 1997 é presidente do Celta. / José Manuel Beiras, que xa comeza a ser coñecido nos corredores de Bruxelas, alterna xa con algúns líderes....
coger el toro por los cuernos fr. fig. Enfrontarse resoltamente cunha dificultade: collelas como veñan, botarse de peito, botarse de cabeza. A mesa de Ajuria Enea está disposta a collelas como veñan: a toma‑la iniciativa....
con arreglo a loc. prep. Conforme, segundo: de acordo con, conforme, segundo. ... elaborarase de acordo coas novas bases da Televisión Digital....
con cargo a loc. prep. A cargo de, a expensas de: con cargo a. ... e o aboamento das obras con cargo ás arcas municipais...
con respecto a, respecto a, respecto de loc. adv. Respectivamente: con respecto a, respecto de, a respecto de, no tocante a, no que atinxe a. A ocupación hostaleira da comunidade galega durante o mes de setembro subiu dous puntos con respecto ó mesmo período do ano pasado. / ... o que supón un lixeiro aumento respecto do ano anterior. / Con respecto a este litixio, o concelleiro de urbanismo... / Respecto dos investimentos crediticios brutos....
con vistas a loc. prep. Coa finalidade de, co propósito de: con vistas a, coa intención de. Iniciouse o pasado mes de outubro con vistas a que estea rematado en febreiro do ano que vén.
conciliar el sueño fr. Conseguir durmir: colle‑lo sono, prender no sono, adormecer. Non son noites nas que tarde a hora de colle‑lo sono debido a preocupacións de maior ou menor entidade, pero reais.
correr el riesgo fr. Estar unha cousa exposta a perderse ou a non verificarse: corre‑lo risco de, expoñese a. Se non é así, córre‑lo risco de asumir, por desidia, ideas adocenadas.
corte de manga (dar ou facer a alguén) fr. fig. vulg. Ademán de significado obsceno e despectivo que se fai coa man, estendendo o dedo corazón entre o índice e o polgar á vez que se levanta o brazo e se golpea nel coa outra man: corte de manga. Un corte de manga que lle supuxo o cartón vermello.
cuando menos loc. conx. Denota unha excepción. Ben que non sexa outra cousa, ben que non sexa máis: alomenos, polo menos, cando menos. ... permitiría, cando menos, mante‑la poboación...
curarse uno en salud fr. fig. Precaverse dun dano ante a máis leve ameaza: para non poñerse en camisas de once varas, para que non haxa malos entendidos / dobres entendidos, para non correr riscos, para que non haxa volta de folla. ... para non complica‑las cousas preferiu deixa‑los comentarios para outro momento.
daños y perjuicios loc. subst. Dise no dereito que expresa reclamación por unha situación desfavorecedora que provocou perdas: danos e perdas. Ademais, Abonomar S.L. deberá indemnizar coa cantidade de 7.315.492 ptas. a empresa demandante, polos danos e perdas que lle causou.
dar cara a una persoa, hacer cara a, plantar cara fr., desafialo, opoñerse, resisti‑la súa autoridade: facer fronte, afrontar, arrostrar, enfrontarse, arrepoñerse. ... o plan de residuos é necesario para facerlle fronte á batalla que se aveciña....
dar la murga fr. fam. Molestar con palabras ou accións que causan fastío por prolixas ou impertinentes: da‑la lata, da‑la vara. Non van senón a da‑la lata, falan de cousas intranscendentais....
dar lugar, hacer lugar fr. Desembarazar un sitio ou deixar libre e franca unha parte del: dar lugar, orixinar, ocasionar. O ministro sinalou que descoñecía as razóns que puideron dar lugar a que non se puidese culmina‑la operación....
dar paso a fr. Permiti‑lo paso ou o acceso: dar paso a. No momento en que se institucionaliza esa relación co espacio e se lle dá paso a propostas específicas para que se interaccionen con el... / ...a cooperación e a mala liberalización están a dar paso a un concepto enerxético global e xa non local ou de autarquía..
dar uno las espaldas fr. Volverlle as costas ó inimigo, fuxir del: da‑las costas, vira‑las costas. ... en plena campaña, anunciando a súa volta á area para cando os que lle deron as costas acaben de escandalizarse....
darse cuenta de una cosa, caer en la cuenta fr. Facerse evidente algo, sinalar: decatarse, darse de conta, sinalar, advertir. A prensa local tamén se decatou da inesperada presencia deses novos candidatos.
de acuerdo (con) loc. adv. (e prep.). De conformidade, unanimemente. Úsase máis cos verbos estar, quedar e poñerse: de acordo (con), conforme a, consonte. Valor preposicional: segundo. ... anque insistiu en que está de acordo coa análise dos resultados que realizou o grupo... / De acordo cos novos investimentos o salario mínimo....
de buenas a primeras, loc. adv. Á primeira vista, no principio, no primeiro encontro, sen reparo nin consideración; precipitadamente. A primeras de cambio, loc. adv. fig. de buenas a primeras, sen máis nin máis, da noite para o día, de boas a primeiras, do pé para a man, de contado. Sen máis nin máis decidiu liberarse do pasado que a afogaba....
de hecho loc. adv. Efectivamente. De veras, con eficacia e boa vontade; cando se aplica a unha norma ou prescición legal previa: de feito. De feito, e segundo un estudio realizado durante 1994 e 1996. / De feito, destaca del Riego, o 80% dos lobos....
de la mano de loc. adv. Collidos da man. Coa axuda ou a colaboración de alguén: da man de, apoiado por, de acordo con. Da man do coordinador de Espacio Uno, Rafael Doctor, e da xefa do Departamento de Audiovisuais do museo. / ... sempre da man de técnicos forestais, e non de batidas indiscriminadas.
de la noche a la mañana loc. fig. De súpeto, en moi breve espacio de tempo: da noite para a mañá, do pé para a man. Recordou que alí “as conversas non foron da noite para a mañá, alguén achandou primeiro o terreo e logo chegou o grande encontro”.
de medio pelo loc. adx. Dise das persoas que queren aparentar máis do que son, ou das cousas de pouco mérito ou importancia: de catro cadelas, de pouco fuste. Non podo aceptar que algúns dirixentiños de catro cadelas utilicen estes argumentos para nega‑la entrada de líderes nacionais nos seus feudos.
de muerte loc. adv. A morte, implacablemente: de morte. A Carlos Príncipe feriuno de morte a mesma empacadora que ergueu.
de pronto loc. adv. Apresuradamente, sen reflexión: de súpeto, de repente, de socato, de pronto. De súpeto, como nun sarampelo pouco reflexivo e algo medroso....
de puta madre loc. adv. vulg. Moi ben: de moito nabo, de moita envergadura, de moito pendello. Tanya ‑Kim‑ unha fontaneira de moito nabo segundo a ex do Un, dous, tres.
de vez en cuando loc. adv. Algunha vez: de cando en vez, de cando en cando, de vez en cando. ... estes enfermos recaen de cando en vez e só entón ingresan nas unidades de agudos.
debaixo de loc. prep. En lugar ou situación inferior a: debaixo de, baixo de, baixo, so. As capturas en Galicia están por debaixo das mil toneladas.
debido a loc. prep. A causa de, en virtude de: debido a, por mor de, por causa de. Verbo da nova situación adquirida pola empresa, os traballadores terán que....
después de loc. prep. Denota posterioridade de tempo, lugar ou situación: despois de. Uresberueta expresou a súa satisfacción polo feito de que despois dunha costeira mala de anchoa... / Actualmente os buques están obrigados a realizar un reconto das capturas despois de cada lanzamento das redes....
día a día loc. adv. Tódolos días: día a día, diariamente. Deste xeito o campus de Lérez incluirá titulacións que medran día a día en demanda laboral e ó mesmo tempo contribuirán....
echar las campanas al vuelo fr. fig. Elevar un o espírito ou a imaxinación: bota‑las campás a voar, bota‑las campás a tocar. Hai algo máis que bota‑las campás a voar.
echar luz fr. fig. Recobrar vigor e robustez as persoas delicadas. Ilumina‑lo entendemento: aclarar, iluminar, botar luz sobre. Os novos descubrimentos iluminaron unha etapa histórica ata agora bastante espida.
en boga fr. fig. Boa aceptación, fortuna ou felicidade crecente. Usado principalmente na frase “estar en voga”: en voga, de moda. Non sen razón, o semanario “The Economist” citaba a finais de decembro un chiste de moda nos Estados Unidos.
en cuanto a loc. adv. Polo que toca ou corresponde a: respecto de, en canto a, verbo de, no tocante a. O pasado sábado, os membros da Converxencia de Independencia de Padrón asumían as queixas formuladas por veciños do municipio en canto á aparición de peixes mortos no río Sar....
en entredicho (poner) fr. Dúbida que pesa sobre a honra, a virtude, calidade, veracidade... de alguén ou algo. Xeralmente cos verbos estar, poñer, quedar: poñer en cuestión, en dúbida. Non convén, tal e como están as cousas, poñer en dúbida a súa actuación.
en favor de loc. prep., en beneficio e utilidade de alguén: a favor de, en beneficio de, a prol de, en prol de. Era dous o número oficial de víctimas daquela manifestación a favor da independencia de Alxeria.
en nombre de loc. adv. Que actúa en representación súa: no nome de. Prepárense tamén para unha suba de impostos no nome da eficacia porque anque a vida non ten un prezo, a sanidade ten un custo.
en tanto que loc. adv. Mentres ou durante algún tempo intermedio: en tanto que, mentres, entrementres. ... que en tanto o interese de España é mante‑los fondos que recibe.
en tela de juicio loc. adv. Dúbida acerca da certeza ou do éxito dunha cousa: en cuestión, en dúbida. Os problemas de investimento poderían poñer en cuestión postos de traballo.
en torno a loc. prep. Indica aproximación cando se refire a cifras ou unha apreciación sobre a materia que se trata: en torno a, aproximadamente, máis ou menos, arredor de, ó redor de. De acordo coa cifra de producción, Galicia que ten ó redor do 50 por cento do total, deberá facerse cargo... / O presidente en funcións da Xunta de Galicia recordou que o pasado ano, Galicia foi a comunidade española que alcanzou un maior crecemento das exportacións, aproximadamente o 30 por cento.
en vano loc. adv. Inutilmente, sen logro nin efecto: en van, en balde. En van intenta un adentrarse minimamente no fenómeno.
entre la vida y la muerte fr. En perigo inminente de morte: entre a vida e morte. Bandrés, en coma, pelexa entre a vida e a morte tras unha segunda hemorraxia cerebral....
estar de buen ver fr. Dise cando unha persoa ou cousa se conserva ben e en óptimas condicións: estar de bo ver. É o caso do gigoló que aínda hoxe está de bo ver e que viviu nunha tenda de campaña durante dez anos.
estar en forma fr. fig. vulg. Estar en boas condicións físicas ou espirituais: estar en forma. Está en boa forma para incorporarse no cadro e xogar o próximo domingo.
estar en la mano de fr. fig. Depender da súa elección ou decisión: estar na man de. Agora as contas están na man do novo director.
estar hasta la coronilla fr. fig. fam. Estar farto e canso de sufrir algunha pretensión ou esixencia: estar farto, estar ata as orellas, estar ata os narices, estar ata os cornos, estar cheo. ... estaba farta de soportar esas humillacións, e tomou a decisión....
facer fincapé fr. Facer insistencia nunha cousa, porfiar: facer fincapé, teimar, insistir. Asegurou que non houbo descoordinación entre as forzas que participan nesta operación e fixo fincapé en que o barco de bandeira panameña....
frente a loc. prep. Enfronte de, diante de algo. Contra ou en contra de algo ou alguén: enfronte de, fronte a, contra. ... o valor das capturas ascendeu ós 6936 millóns de pesetas fronte ós 7346 millóns de todo o ano pasado. / Con anterioridade, unha trintena de barcos concentráranse fronte ó porto de Vigo en sinal de protesta / O seu compatriota Rivaldo, autor o domingo do segundo tanto fronte ó Celta de Vigo, mostrouse...
fuera de lugar loc. adv. Inoportuno, inadecuado, contrario á situación ou ás circunstancias: fóra de lugar. As súas respostas estaban fóra de lugar. / É unha comparación que está fóra de lugar e de todo sentido común.
gracias a loc. prep. Por causa de alguén ou algo que produce un ben ou evita un mal: gracias a. A flota de baixura basca case alcanzou no que vai de ano os ingresos de todo 1996, gracias a que a boa temporada do bonito....
hacer aguas una cosa o aguas de cerrajas fr. fig. Esvaecerse ou frustarse o que se pretendía ou esperaba: facer auga, ir a pique. ... na que se sinalaba que a evolución á baixa do IRPF provocaba que este modelo fixese auga.
hacer de su capa un sayo fr. fam. y fig. Obrar alguén, con liberdade en cousas e asuntos que só a el lle pertencen ou atinxen: facer un o que lle peta, facer do seu un pandeiro. O equipo debe funcionar de forma conxunta e non facer cada un o que lle peta, para que todo saia....
hacerse eco uno de algo fr. fig. Contribuír á difusión dunha noticia, rumor: facerse eco, contribuír / participar na difusión de algo. O Igape para contribuír á difusión das novas achegas á resolución da polémica, organizou unha xornadas sobre....
hoy por hoy loc. adv. Para dar a entender que algo é ou sucede agora de certo modo, pero pode cambiar máis adiante: hoxe por hoxe, hoxe en día. Hoxe por hoxe a situación non cambiou moito.
importar un bledo fr. fig. “Bledo”: cousa insignificante, de pouco ou ningún valor: importar unha figa, tanto ten, o mesmo pesa un ombro ca outro, tanto ten xabón como fío negro. ...‑non quere dicir con iso que lle importe unha figa.
ir del rabo fr. fam. ou fig. Seguir ou acompañar a outro continuamente con adulación e servilismo: ir ó rabo. Vai ó seu rabo porque el foi quen o criou.
ir para largo fr. Expresión coa que se denota que unha cousa tardará en verificarse: ir para tempo, ir para moito. O Hospital de Lugo vai para moito.
jamás de los jamases loc. adv. Reforza o significado do adverbio “xamais”: Endexamais, na vida, nunca máis, nunca xamais, nunca na vida. Endexamais é posible unha fraude desas dimensións. / Con toda seguridade se existe fraude é excepcional e mínima e endexamais 3 de cada 10 gasolineiras poden cometer fraudes tan enormes na medida.
levantar la liebre fr. fig. Chama‑la atención sobre algún asunto, dando lugar a que outro se entremeta nel: descubri‑lo xogo, suscitar unha polémica, descubrir algo oculto. ...e sen querer descubríulle‑lo xogo, de maneira que todo se acabou.
liar la manta a la cabeza fr. fig. Tomar unha decisión precipitada ou actuar de modo irreflexivo: tirar para diante, sen parar mentes, sen pensalo dúas veces. Sen moito cavilar, tirou para diante e conseguiu o gol da victoria.
limar asperezas fr. Conciliar e vencer dificultades, opinións contrapostas en calquera asunto: sacarlle ferro ó asunto, achegar posicións, conciliar opinións. En catro horas, Aznar e Oreja só puideron sacarlle ferro ó asunto que tiña que ver cos peneuvistas.
llevar a cabo una cosa fr. Executala, concluíla: desenvolver, facer, realizar, executar, levar a cabo. Esta política cirúrxica, que se desenvolve tras realizar unha craniolomía é a única posibilidade de sacar adiante o enfermo... / O primeiro Plan do ourizo da Consellería realizouse o ano pasado.
llevar alguien el agua a su molino fr. Dirixir no seu interese ou proveito exclusivo aquilo de que pode dispoñerse: leva‑la auga para o seu rego, leva‑la auga para o seu muíño, varrer para a casa. Non lle será doado leva‑la auga para o seu muíño se quere triunfar na reunión.
llevarse la palma fr. Sobresaír ou exceder en competencias doutros, merecendo o aplauso xeral: leva‑la palma. A Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación leva a palma, con 99 obras xa citadas.
llover sobre mojado fr. fig. Vir traballos sobre traballos. Sobrevir traballos ou coidados que agravan unha situación xa molesta. Repetirse algo innecesario ou fastidiado: vir de vello, pouca la e pola silveira. Con estas novas manifestacións dáse por suposto que a cousa vén de vello.
luz verde loc. subst. Camiño ou procedemento aberto e diposto para o logro dun asunto, empresa, etc.: luz verde. O Executivo comunitario concedeu a súa luz verde tras considerar “improbable” que a adquisición de Inespal....
mano a mano loc. adv. Na linguaxe da tauromaquia, expresión con que se precisa que, nas corridas de touros, actúan só dous destros en competencia. Por extensión, dise de toda acción realizada por dúas persoas competindo con emulación. Fig. En compañía, con familiaridade e confianza: man a man, entrambos. Enfrontaranse man a man nun discurso transmitido por La 2.
meter la pata fr. fig. fam. Intervir nun asunto con ditos ou feitos inoportunos: mete‑la zoca. Procura non mete‑la zoca no último momento.
metidos en harina fr. fam. fig. Estar un gordo e te‑las carnes macizas. / Estar empeñado con moito afán nunha obra ou empresa: metidos no tema, no asunto, entrados en discusión, metidos no allo. Xa metidos no asunto falaron da boa marcha da economía.
miel sobre hojuelas fr. Úsase para expresar que unha cousa vén moi ben sobre outra, ou engádelle novo atractivo: pan comido, camiño de rosas, non ser arco de igrexa unha cousa, mel nas filloas. Non obstante, dixo que non todo será pan comido para o ancián.
ni corto ni perezoso fr. fig. fam. Con decisión, sen timidez: sen pensalo, sen pensalo dúas veces. O caso foi que, sen pensalo dúas veces, saíndo da taberna, vai para a casa.....
ni pincha ni corta fr. fig. e fam. Que se aplica ó que ten pouca validez ou influencia nun asunto. Úsase referido a persoas: nin tose nin moxe, nin tolle nin mata, nin pinta nin mata, nin arre nin xo, nin fai nin desfai. ... nestes momento o adestrador non tose nin moxe, a decisión é só dos xogadores....
no caer en saco roto una cosa fr. Non esquecela, tela en conta para sacar dela algún proveito en ocasión oportuna: non caer en saco roto, non caer en van. ... ou tamén hai que perseguilas e captalas no intre en que se nos ofrecen e despoxalas de todo aquilo no que se pode disfrazar a súa transparencia natural, para que non caian en saco roto, en ornamentacións e premisas pouco verdadeiras....
no decir (ni) pío fr. fig. Non dar unha palabra: non chistar, non despega‑los labios, gardar silencio, non dar fala, non dar unha fala, non dicir nin mu, non dar nin chío, non dicir aquí estou eu, sen dicir hoste nin moste, sen gurgutar palabra. Mellor sería non dar nin chío.
no levantar cabeza fr. fig. Estar moi ocupado especialmente en ler e escribir; non acabar de convalecer dunha enfermidade, padecendo frecuentes recaídas. Non poder saír da miseria ou da pobreza: non levantar cabeza, non saír do que se é, non ir nin para adiante nin para atrás, non saír do sitio. Levaba seis anos sen levanta‑la cabeza dos apuntamentos. / Parece que a nova situación non o deixa saír do sitio.
no tener desperdicio fr. Ser moi útil: aproveitar algo na súa totalidade, ser útil, ser de moito proveito. Frases dese talante convén conservalas, aproveitalas, son de moito proveito, son das de non tirar ó lixo.
no vérsele el pelo a uno fr. Nota‑la ausencia dunha persoa nos lugares ós que adoitaba ir: non verlle o pelo a alguén. A empacadora de Teis en Vigo, custoulle a alcaldía a Manuel Soto e desde entón non lle viron o pelo máis que...
pasar de largo fr. Ir ou atravesar por unha parte sen deterse; fig. non facer reparo ou reflexión no que se le ou trata: pasar, non reparar, non deterse. Para que o meteoro pase sen causar estragos destacables. / A supervisión consistía en non reparar demasiado no tema das contas de fin de ano.
pelillos a la mar fr. Modo de afirmar que non se faltará ó que se tratou; esquecemento de agravios e restablecemento do trato amigable: morra o conto, non se fale máis. Sobre os desencontros habidos nas últimas semanas, morra o conto.
plantar cara a alguien fr. fig. e fam. Desafialo, opoñerse, resisti‑la súa autoridade: arrepoñérselle, arreporse, enfrontarse, poñe‑la cara. Arrepóñense ós radicais abertzales.
poner de manifiesto una cosa fr. Manifestala, expoñela ó público: poñer algo de manifesto, expoñer. ... xa que os resultados puxeron de manifesto un afastamento das propostas... / Reinoso que participa nas II Xornadas hispano‑lusas da enerxía que se desenvolverán en Compostela ata hoxe, puxo de manifesto as grandes semellanzas... / Os bombeiros puxeron de manifesto que o inmoble estaba baleiro.
poner de relieve una cosa fr. Subliñala, destacala: pór de relevo, destacar, salientar. Neste sentido expresou a súa intención de cambia‑lo rumbo, intensifica‑la nosa actuación como socialista en Galicia e poñer de relevo de forma máis nítida o compromiso co galeguismo. / ... foi posta de relevo ó día seguinte da xornada electoral....
poner el grito en el cielo fr. Queixarse en voz alta: queixarse, leva‑las mans á cabeza. As dúas asociacións de fiscais que existen quéixanse e denuncian o acoso do fiscal xeral do Estado.
poner en baile fr. dise do ataque, ameaza ou calquera outra acción que perturba ou inquieta a outro, ou lle impide realiza‑los seus propósitos: acosar, asediar, traer en xaque, apertarlle as caravillas a alguén. Coa súa actitude apertoulle as caravillas ó actual sistema de emprego.
poner fin a una cosa fr. Darlle fin a unha cousa, concluíla: dar fin, poñer fin, acabar con, rematar. Os acordos de Evián que lle puxeron fin á contenda de Alxeria estipulaban que Francia mantería oficialmente ata o ano 1967 as catro bases para ensaios nucleares e espaciais no Sáhara. / O paso dun terceiro barco cargado con plutonio e refugallos nucleares con rumbo a Xapón ameaza outra vez, os mares do sur, mentres os países aceleran a busca de normas que lle poñan fin ó tráfico de substancias radioactivas....
poner verde a alguién loc. fig. fam. Ateigar de improperios ou censurar acremente: poñer pingando, poñer a parir, sacarlle o pelello, poñer a caer dun burro, poñer a pan pedir, poñer a caldo, poñer verde, darlle unha calda a un. Saíu da reunión e púxoo pingando.
ponerse al corriente fr. Informarse, adquiri‑lo coñecemento necesario: poñerse ó día, poñerse ó tanto. De pouco lle serviu poñerse ó día das novas contas.
ponerse en sus trece fr. fig. Persistir con insistencia nunha cousa que aprendeu ou empezou a executar: poñerse nas súas, poñerse serio. Ata que ó final non lle queda máis remedio que poñerse nas súas.
ponerse rojo fr. fig. Ruborizarse, sentir vergonza: poñerse colorado, poñerse coma as brasas. Unha moza que se pon colorada por nada invadiría a pequena pantalla de hoxe pola noite.
ponérsele a uno los pelos de punta fr. fig. fam. Encrespárselle o cabelo a alguén por frío ou por algunha outra circunstancia; sentir gran pavor: poñérselle a alguén os pelos de punta, poñérselle a un a carne de galiña. A situación chegou a tales extremos que a máis dun se lle puxeron os pelos de punta.
por arte de magia loc. adv. Indica que algo puido realizarse por procedementos non naturais: por arte de maxia, por arte de encantamento, por encantamento, por obra do espírito santo. ... porque non van resolver por arte de maxia o gravísimo problema da violencia.
por cuenta de loc. prep. Por conta de alguén ou algo: por conta de. ...acoden pola conta destes ou daqueles a concederlles exclusivas a xornalistas descoñecidos....
por doquier loc. adv. Por onde queira que se mire: por tódalas partes, por tódolos lados. Tópicos por aquí, plaxios por alá, ausencia de talento, grosería e escaso interese por tódalas partes.
por fin loc. adv. Que expresa unha certa énfase, despois dunha situación de espera: por fin, finalmente. Por fin confírmase o contrato do tan esperado xogador de fútbol.
por lo contrario loc. adv. Ó contrario; ó revés, dun xeito oposto: pola contra, por contra, polo contrario. Polo contrario, a enquisa do CIS outorgáballe entre 19 e 20 escanos....
por otro lado: fr: Desde outra perspectiva ou punto de vista: por outra banda, por outra parte, por outro lado, ademais. Por outra banda o titular de Educación presentou na Coruña cinco novas publicacións editadas polo seu departamento....
por su parte loc. adv. Polo que a un lle toca ou pode facer; úsase cos demais pronomes posesivos ou con nomes substantivos: pola súa parte, pola súa banda. Pola súa parte, os veciños do barrio de Ferrol Vello... / Pola súa parte, o deputado no Congreso Guillerme Vázquez convidou o Partido Popular....
por todo lo alto loc. fig. fam. De maneira excelente, con rumbo e esplendor: polo alto, ó grande. Fixeron unha festa ó grande.
puesto que loc. conx. adversativa: anque. / loc conx. causal: pois, dado que, xa que, posto que. ... as vantaxes do poder central ós gobernos nacionalistas poden ser menos graves, posto que unhas mínimas condicións de gobernabilidade esixiron esta inxustificada entrega. / ... explícase pola falta de información do estado demográfico actual da poboación de lobos, posto que os últimos datos oficiais....
quedar a la altura del betún loc. fig. fam. Quedar mal: quedar á altura dos zapatos, ser un ninguén, deixar ás escuras a un, abaixarlle a un a crista, deixar ás boas noites, darlle unha volta na moa a algún. Cos insultos que lle aplicou queda á altura dos zapatos.
quedar en agua de castañas fr. Dise cando algo non chegou ó cabo ou non tivo o fin que se agardaba: quedar en augas de bacallao, quedar en augas de castañas, quedar en nada. Cómpre apuntar que estaba previsto dotalo da mellor auga do Océano Pacífico, pero ó final todo quedou en auga de bacallao, que é a que ten.
quid de la cuestión fr. Esencia, punto máis importante ou por qué dunha cousa. Úsase precedido do artigo “o”: o quid da cuestión. Porque aquí está boa parte do quid da cuestión.
quitarle hierro fr. Rebaixar, quitarlle importancia ó que parece esaxerado: sacarlle, quitarlle ferro a unha cousa. Estévez quitoulle ferro á polémica.
rasgarse las vestiduras loc. fig. fam. Entre os hebreos manifestación de dó: escandalizarse, mostrar indignación, tirar dos pelos, leva‑las mans á cabeza. ... por tres derrotas non nos imos tirar dos pelos ....
saber uno donde le aprieta el zapato fr. Saber ben o que lle convén: saber (un) onde lle doe, saber (un) con que bois ara. Agora que sabe onde lle doe, o falangueiro dirixente socialista.
saborear los mieles del éxito fr. Desfrutar felizmente do éxito acadado: coñece‑lo sabor do éxito. De xurdir hoxe a Velvet Underground coñecería o sabor do éxito, ou un público fiel....
sacar las castañas del fuego fr. fig. fam. Executar para proveito doutro algunha cousa da que pode obter dano ou prexuízo para si mesmo: saca‑las castañas do lume (con man allea), apandar, tirar polo carro, da‑la cara. Villena tamén convén en que “o club ten claro que os que estamos aquí somos os que temos que apandar...”.
salir a la luz fr. fig. Ser producida unha cousa. Imprimirse, publicarse unha cousa. Descubrirse algo oculto: saír á luz. Os óleos de Gabriel Celaya saen por fin á luz nunha mostra en Valencia. / Saíron á luz os tan desexados datos sobre o caso “Mar Exeo”.
salir o salirse de madre fr. Rebordar un río ou regato, figuradamente adquire o valor de exceder extraordinariamente do acostumado ou regular: rebordar, poñe‑lo carro antes cós bois, poñe‑lo carro diante dos ollos. A representación hispana é notable e contundente, co Madelman rebordando na delicadamente ambiental Chao Amigo. Pero para non poñe‑lo carro antes cós bois digamos que a longa crise que padece o PSdeG se expresa como segue....
sea lo que fuere o sea lo que sea fr. Expresións con que se prescinde do que se considera accesorio, pasar a trata‑lo asunto principal: sexa como for, sexa como sexa. Sexa como for, está claro que para dirixir Sogama....
seguir la pista a alguién fr. fig. fam.. Perseguilo, espialo: non deixar de ollo, non quitar ollo, non deixar nin a sol nin a sombra, vixiar atentamente, non saír do lado dun en ningún momento, non perder de vista. Non o deixaron nin a sol nin a sombra durante as horas que permaneceu hospitalizado.
seguir la tónica establecida fr. Continuar cos preceptos establecidos ou de acordo co estipulado: segui‑la tónica establecida. ... o que anuncia con seguridade un amplo despregamento de iniciativas e mobilizacións sociais impulsadas polos nacionalistas, seguindo a tónica establecida no bando vigués....
soltar prenda fr. fig. fam. Dicir algo que o deixe comprometido a algunha cousa. Úsase con negación: non dicir nin mu, calar coma un peto, non dar un chío. En situación comprometida mellor calar coma un peto.
tarde o temprano loc. adv. Nalgún momento: tarde ou cedo, antes ou despois. Porque antes ou despois sairán.
tarde, mal y nunca fr. Expresión coa que se pondera o mal e fóra de tempo que se fai o que sería case mellor que non se executase xa: tarde, mal a rastro. Agora parece que reivindican o crime. Tarde, mal e arrastro, como adoita acontecer nestes casos.
tener eco fr. fig, Propagarse con aceptación: ter repersusión, ter sona, ter éxito, ter fama. A sona do seu protagonista tivo repercusión na prensa británica.
tener en cuenta fr. Ter presente, considerar: ter en conta, tomar en conta. ... porque nos interesaba ter en conta os investimentos realizados nos anos 1993 e 1994. / Tendo en conta que en Galicia só existen sete pisos protexidos de saúde mental....
tener la cabeza como un bombo fr. Atoparse atordado, preocupado por moitas cousas: te‑la cabeza coma un bombo, te‑la cabeza coma un tambor. Cando un se ergue despois de pasar unha desas absurdas noites perdidas, tanto para a vixilia como para o sono, ten a cabeza coma un bombo baleiro de todo asomo de lucidez.
tener lugar fr. Ter cabida, suceder unha cousa: ocorrer, suceder, efectuarse, realizarse. Na xornada que se vai realizar no salón de actos....
tener uno una cosa en la punta de la lengua fr. Estar a piques de dicilo. Estar a piques de acordarse dunha cousa e non dar nela: ter na punta da lingua. Non podería ser outro que Juan Carlos Rodríguez Ibarra, político extremista que ten moitas solucións na punta da lingua ....
tenerlas tiesas loc. adv. Enfrontarse con serenidade a un antagonista, discutindo ou pelexando con el: telas gordas, ter abondo, telas tesas. O Barcelona vai telas gordas porque ve a liga....
tirar por la borda fr. fig. fam. Desfacerse inconsideradamente dunha persoa ou cousa: botar, tirar pola borda. Isto non o podemos tirar pola borda para que haxa unhas eleccións dentro de quince días que lle volverían a da‑la victoria ó PP. / ... non pode tirar pola borda un patrimonio persoal como o que representa....
tocar las narices fr. fam.. e fig. Face‑lo vago; vulg. fastidiar, marear, cansar unha persoa: rasca‑los pés, rasca‑la barriga, raña‑la barriga, marea‑la paciencia, marea‑la cabeza, cansar, acabarlle coa paciencia a alguén. Rasca‑la barriga, en plena campaña electoral, sería unha actitude pouco dada a bos resultados. / E claro, acabou por cansa‑los homes que representan a vontade do pobo.
toda vez que loc. adv. No caso de que sexa así, supoñendo que sexa así: tendo en conta que. Poderían cambiar esta vez a estatística tendo en conta que agora o seu xogo non é tan boiante.
toma y daca: exp. fig. Que se usa cando hai troco simultáneo de cousas ou servicios ou cando se fai un favor esperando a reciprocidade inmediata: tira e afrouxa, toma e dá. A segunda metade, nos seus comezos, foi un constante tira e afrouxa, con sucesivas igualadas.
tomar cartas en (un asunto, negocio) fr. fig. fam. Intervir nel: intervir, tomar cartas en, colle‑la cousa da man. O propio presidente dos Estados Unidos, colleu a cousa da man despois de informarse sobre o contido duns documentos.
tomar el pelo loc. fig. fam. Burlarse de alguén con eloxios, promesas ou afagos finxidos: rir (de alguén), toma‑lo pelo. Se con esas resolucións, o Goberno pretende rir de nós....
una de cal y otra de arena loc. fig. fam. Alterar cousas diversas ou contrarias para contemporizar: O Kremlim deu onte unha de cal e oura de area cunha ofensiva e con mostras de disposición ó diálogo.
uno por uno loc. adv. Úsase para expresar maior separación ou distinción: un por un, cada un. Atutxa custodiará “un por un” tódolos cargos do PP.
valer la pena fr. Ser importante ou estar ben empregado o traballo que custa. Úsase tamén con negativas: paga‑la pena, vale‑la pena, merece‑la pena. Para Caballero, o esforzo realizado pagou a pena e rexeitou falar dun cambio de relacións co....
verse apretado fr. fig. fam. Verse nun grande apuro ou perigo. Úsase máis comunmente falando dos enfermos: Verse nun apuro, verse apertado. Mario Conde, sen dúbida, está pasando por un bo apuro.
verle a uno el plumero fr. fig. fam. Descubri‑las intencións ou pensamentos de alguén: ve‑las trazas, coñece‑las intencións, a pouco que se achegue cheira a peixe, coñece‑lo pano que se ha de cortar, coñece‑lo percal, coñece‑los coxos no andar, coñece‑los coxos no xeito de andar, dicir de que pé coxea, por moito que se afeite sempre lle sae a la. Por moito que o intente ó final vénselle as trazas.
vis a vis loc. subst. Cara a cara, un contra outro, con respecto a outro, en relación con outro: vis a vis, man a man, cara a cara. bis (sic) a vis.
Visto bueno fr. Fórmula que se pon ó pé dalgunhas certificacións e outros documentos e co que se asina debaixo; dá a entender que se atopa axustado ós preceptos legais e está expedido por persoa autorizada respecto diso: visto e prace. A Comisión Europea deulle onte, luns, o seu visto e prace á adquisición da empresa española Inespal por parte da firma norteamericana Alcoa.....
vivito y coleando loc. adx. fig. fam. Dise do que se cría morto e está con vida: vivo e ben vivo, estar para gastar unhas mangas novas, estar tan campante, poder conta‑lo conto. Cando crían que se acabara o perigo, aparece o monstro, vivo e ben vivo.
volve‑la vista a atrás fr. fig. Recordar sucesos pasados, meditar sobre eles: mirar para atrás: volver sobre os mesmos pasos. De vez en cando recoméndolle que volva sobre os seus pasos.
ya que loc. conx. condicional Unha vez que, dado que. / loc. causal ou consecutiva, porque: xa que, dado que. ...xa que foron os protagonistas dun encerro no consistorio... / Xa que, segundo a CIG, a Administración oculta estes datos. / Dado que os expedientes non chegarán ata mañá,procederase.... 

O Correo Galego


No hay comentarios: